Topónimo

A Pedra das Mouras

PONTEVEDRA SALCEDO Muimenta, A
Xeometría: Punto

Datos principais

Topónimo 1
A Pedra das Mouras
Fonética 1
a pEdra das mouras
Xenérico local
—
Topónimo 2
—
Fonética 2
—

Tipoloxía

Nivel A Accidentes terrestres
Nivel B Accidentes naturais
Nivel C Pedra / Pena (individual)

Contraste documental

Comparación con fontes en eixe lingüístico e de situación.

Fonte Lingüístico De situación
Nomenclátor Non —
Cartografía municipal Non Non
Marqués da Ensenada Non —
Catastro Non Non
Protocolo notarial Non Non
Escritura privada Non Non
Parcelaria Non Non
IXN Non Non
Mapas Non Non

Mapa

Activa ou desactiva capas no control superior dereito do mapa.

Información complementaria

Outros datos

Observacións
Trátase dunha pedra con gravados rupestres. Son unhas aliñacións de cazoletas. No Inventario da D. X. de Patrimonio Cultural aparece co nome de "Pedra do Fundamento". Forma parte do Conxunto Rupestre de Regato dos Buratos/Outeiro da Mina".
Problemas
—
Observacións etnográficas
Esta é a lenda asociada a estes petróglifos: "A xente conta que na Pedra da Mouras habitan dúas mouras moi fermosas que se converten en serpes. Din que estas damas belidas gustaban de ir á festa, como o común dos mortais, e cando regresaban para o monte acompañadas dalgún mozo, pois a súa fermosura era engado para acompañantes, ó chegar un pouco antes da devandita pedra parábanse e non deixaban que os mozos as acompañaran máis aló. Un día un destes pretendentes non fixo caso e seguiunas ata a pedra e cal foi a súa sorpresa cando viu que as mouras que acompañara esa noite se transformaban en serpes arrepiantes e desaparecían na peneda. Tamén contan que outra vez unha destas mouras díxolle ó seu pretendente que era víctima dun feitizo e que debía axudala a romper co pesado encantamento. A moura díxolle ó rapaz que a seguise ata a pedra e que pasase o que pasase non se asustara. Así fixo o mozo, pero tan pronto chegaron á pedra, a moura transformouse en serpe e amosouse ante el con tal repugnate fasquía e un caravel nos beizos. O rapaz asustado saíu correndo sen cumpri-la súa promesa de axudala a se desencantar. Tamén contan que cando se ía co carro ó monte en busca de toxo, ó pasar por riba da pedra, sentían un estrondo tremendo baixo os seus pés, como se a pedra que pisaban estivese oca por dentro. Este insólito fenómeno asociábase ó feito de que nese mesmo lugar se aparecesen as mouras, o que axudaba a reforza-la crenza de que se trataba dun lugar especial."