Topónimo

OS FONTÁNS

PONTEVEDRA SANTA MARIA DE XEVE Fontáns, Os
Xeometría: Polígono

Datos principais

Topónimo 1
OS FONTÁNS
Fonética 1
os fontáns
Xenérico local
—
Topónimo 2
—
Fonética 2
—

Tipoloxía

Nivel A Entidades humanas
Nivel B Aldea
Nivel C Aldea

Contraste documental

Comparación con fontes en eixe lingüístico e de situación.

Fonte Lingüístico De situación
Nomenclátor Non —
Cartografía municipal Si Si
Marqués da Ensenada Non —
Catastro Non Non
Protocolo notarial Non Non
Escritura privada Non Non
Parcelaria Non Non
IXN Non Non
Mapas Non Non

Observacións do contraste

Os Fontáns. Non coinciden os límites das fotografías cos dos mapas e en ningún caso coincide cos datos achegados polos informantes. A área que delimita o polígono creado para Os Fontáns non inclúe unha parte de monte que tradicionalmente foi considerada de Santa María (e que se introduciron nas fichas) mais que agora forma parte de Santo André. As zonas incluídas son: Gundeiro, A Cova do Paraño, Laxinde, parte da Abelán, O Campo da Cruz, O Alto da Rega e A Pedra do Porro. Os límites actuais parten do Outeiro dos Asubíos en liña recta ata o Outeiro dos Soldados. A veciñanza, no entanto, considera como válidos os límites vellos que partían de Gundeiro polo Camiño da Rega ata o Outeiro dos Asubíos. A partir dese punto segue a liña de cruces que delimitan O Foxo Vello, O Outeiro dos Cousos, O Outeiro da Fonte da Armada, O Outeiro dos Acivros, O Outeiro da Costa, O Outeiro do Castro, O Outeiro do Becerral e O Outeiro da Forca. Os límites polas veigas tampouco coinciden. Os mapas do concello establecen os límites a partir da veiga das Pereiras (aproximadamente); non obstante, os informantes de Frieiro e dos Fontáns establecen o Pazo de Gondar (cos terreos máis próximos á casa) como o límite entre lugares.

Mapa

Activa ou desactiva capas no control superior dereito do mapa.

Información complementaria

Outros datos

Observacións
Parte do monte que os veciños de Santa María consideran como propio é xestionado na actualidade (2013) pola comunidade de montes de Santo André. A xente de Santa María recoñece eses lugares como propios e coñecen e nomean esa área.
Problemas
—
Observacións etnográficas
—