Topónimo

O Areo de Pau

PONTEVEDRA LOURIZAN Lourizán
Xeometría: Polígono

Datos principais

Topónimo 1
O Areo de Pau
Fonética 1
o areo de pau
Xenérico local
areo
Topónimo 2
O Areo de Poio
Fonética 2
o areo de poio

Tipoloxía

Nivel A Accidentes costeiros
Nivel B Beiramar / Ribeira / Mariña
Nivel C —

Contraste documental

Comparación con fontes en eixe lingüístico e de situación.

Fonte Lingüístico De situación
Nomenclátor Non —
Cartografía municipal Non Non
Marqués da Ensenada Non —
Catastro Non Non
Protocolo notarial Non Non
Escritura privada Non Non
Parcelaria Non Non
IXN Non Non
Mapas Non Non

Mapa

Activa ou desactiva capas no control superior dereito do mapa.

Información complementaria

Outros datos

Observacións
Parte deste areo foi destruído por causa da construción da celulosa polos dragados para facer os recheos, que deron lugar aos Pozos da Draga.. Ao redor de 1960, cando comezaron a dragar este areo, estalou o conflito coas mariscadoras, que vían como ademais de levarlles gran parte do banco marisqueiro, estaban a destruír o que quedaba. Once mariscadoras foron encarceradas e mesmo lles quixeron facer un consello de guerra. Orixinalmente, o nome era O Areo de Pau. Posteriormente, as mariscadoras de Lourizán empezaron a chamarlle O Areo de Poio porque cando viñan as de Campelo a este lado do río, ese areo era o primeiro en devalar e empezaban a traballar por aí. Hai que lembrar que antigamente o marisqueo era un traballo característico das parroquias de Lourizán e Campelo, e non doutras parroquias que hoxe se dedican a el, como Combarro ou Raxó. O xenérico "areo" fai referencia aos bancos de area, xeralmente ricos en bivalvos, non na parte alta, que primeiro devala, pero si nos extremos, que baixan cara á praia. Hai que lembrar que as mariscadoras tamén usan a forma "areón".
Problemas
Os contornos están feitos sobre unha fotografía aérea recente. A forma e extensión dos areos é algo cambiante por natureza, pero nos últimos anos, de maneira artificial, sufriron grandes cambios debido aos recheos ilegais do porto de Marín, que alteraron a dinámica das correntes.
Observacións etnográficas
—