Topónimo

A Praia da Sartán

PONTEVEDRA LOURIZAN Sartán, A
Xeometría: Polígono

Datos principais

Topónimo 1
A Praia da Sartán
Fonética 1
a plaia da sartán
Xenérico local
—
Topónimo 2
—
Fonética 2
—

Tipoloxía

Nivel A Accidentes costeiros
Nivel B Praia / Areal
Nivel C —

Contraste documental

Comparación con fontes en eixe lingüístico e de situación.

Fonte Lingüístico De situación
Nomenclátor Non —
Cartografía municipal Non Non
Marqués da Ensenada Non —
Catastro Non Non
Protocolo notarial Non Non
Escritura privada Non Non
Parcelaria Non Non
IXN Non Non
Mapas Non Non

Mapa

Activa ou desactiva capas no control superior dereito do mapa.

Información complementaria

Outros datos

Observacións
Esta praia desapareceu baixo o recheo da celulosa. Neste lugar, tamén enterrado, sitúase o xacemento catalogado co nome de "Xacemento de Sartán/Praceres", de adscrición cronolóxica romana. A VILLA ROMANA E FACTORÍA DE SALGADURA DA SARTÁN Nas obras do inacabado ferrocarril do ano 1929, xunto cunha serie de achados, como a falera romana, xa se atoparan restos de construcións pero, como non foron estudados, non foi ata o ano 2003 cando, novamente coas obras de construción do tren ao porto de Marín, se localizou esta villa romana. Cómpre lembrar que Antonio de la Peña xa levaba anos sinalando a posible existencia nesta zona dunha villa costeira dedicada ao aproveitamento dos recursos mariños. O xacemento, duns 450 m2, sitúase ao final da ladeira NO do castro, na antiga liña litoral, no lugar da Sartán. Na intervención arqueolóxica documentáronse varias estruturas. Tamén se documentan estruturas no alpendre que está ao pé da depuradora vella de ENCE. "A intervención documentou, ademais duns restos construtivos pétreos, unhas evidencias materiais pouco relevantes á hora de identificar o tipo de establecemento e ver a súa importancia na área, pero si indicativos da presenza no lugar dun enclave, que gracias a eles, podemos encadrar cronoloxicamente no mundo romano. No transcurso dos traballos percatámonos dos ánimos prendidos dos lugareños. O primeiro día tivemos que suspende-los traballos polo clima hostil que reinaba na zona e pola negativa dos veciños a que tocásemos os perfís da obra. Cando se retomaron os traballos fixéronse con normalidade, pero coa advertencia de non rebasa-la liña de perfís aberta. Esta circunstancia impediu documentar con máis exactitude as estruturas E-05 e E-10. Os traballos de limpeza e documentación levados a cabo nesta zona puxeron ó descuberto unha serie de estruturas murarias, de técnica construtiva moi semellante. Previamente á construción dos mesmos, se abriu unha gabia de cimentación. Dado o carácter fragmentario que presentan os muros, posto que tan só conservamos pequenos vestixios nos mesmos que saen dende os perfís, é moi difícil discernir a que tipo de estrutura arquitectónica puideron ter pertencido. De tódolos xeitos, parece que puideran ter relación cun asentamento romano, ben romano, ben de tipo factoría salazoneira. Tan só a presenza de fragmentos de cerámica terra sigillata hispánica e africana, nos sinalan unha cronoloxía do século IV d.C." (Informe da Arqueóloga Directora da Intervención Arqueolóxica). Malia que a importancia que se podía presupoñer destes restos -ben xustificaba un estudo en profundidade do xacemento e a modificación do trazado do tren ou o seu soterramento-, após unha pequena intervención de limpeza e documentación de perfís tapouse con formigón e continuouse coas obras do ferrocarril. Á falta de estudos en profundidade, podemos afirmar que posiblemente se trate do xacemento romano máis importante do Concello de Pontevedra, que, por outra banda, forma parte da Rede de Cidades Romanas do Atlántico. Os romanos caracterizábanse pola explotación intensiva dos recursos dos territorios que conquistaban. Aínda que as factorías de salgaduras están relacionadas co peixe, abundante no fondo da ría ata época recente, obviamente, non ían deixar pasar a oportunidade de aproveitar a riqueza do banco marisqueiro máis grande e produtivo da Gallaecia, e que seguiu a ser ata 1957, coa instalación da fábrica de celulosa, que supuxo a destrución dunha parte considerable do banco e a contaminación do resto. Coñecido é o gusto dos romanos polas ostras, que polo testemuño dos máis vellos, sabemos que foi unha das especies que desapareceu do banco cos efluvios celulósicos.
Problemas
—
Observacións etnográficas
—