Topónimo

A Igrexa de Lourizán

PONTEVEDRA LOURIZAN Lourizán
Xeometría: Punto

Datos principais

Topónimo 1
A Igrexa de Lourizán
Fonética 1
a igrexa de lourisán
Xenérico local
—
Topónimo 2
—
Fonética 2
—

Tipoloxía

Nivel A Entidades humanas
Nivel B Elementos de interese cultural
Nivel C Edificio relixioso (igrexa, capela, ermida...)

Contraste documental

Comparación con fontes en eixe lingüístico e de situación.

Fonte Lingüístico De situación
Nomenclátor Non —
Cartografía municipal Non Non
Marqués da Ensenada Non —
Catastro Non Non
Protocolo notarial Non Non
Escritura privada Non Non
Parcelaria Non Non
IXN Non Non
Mapas Non Non

Mapa

Activa ou desactiva capas no control superior dereito do mapa.

Información complementaria

Outros datos

Observacións
Esta igrexa, construída na Idade Media, pero cunha orixe posiblemente anterior, é a cerna fundacional da parroquia relixiosa. No exterior atopouse unha necrópole medieval (GA36038040). A escasos metros atopáronse tres aras, unha anepígrafe e as outras dúas dedicadas ao Vestio Alonieco, e un relevo que se supón que representa esta deidade galaica. O templo actual construíuse no século XVIII e foi reformado no sec. XX. http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/igrexa-parroquial-de-santo-andre/ http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/necropole-da-igrexa-de-santo-andre/ A NECRÓPOLE DA IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE LOURIZÁN No lugar da Igrexa apareceu, de maneira accidental, unha necrópole con adscrición cronolóxica medieval, pero onde tamén se atoparon materiais arqueolóxicos de tradición galaica e galaico-romana, o que evidencia unha ocupación anterior. Segundo as referencias: "Restos de sepulcros de tégulas junto a la parroquial" (Gran Enciclopedia Gallega). "Restos de sarcófagos de estola en la parroquial" (Gran Enciclopedia Gallega). "Una tapa de sepulcro de doble estolalisa apareció al hacer las obras de limpieza de tierras alrededor de la iglesia parroquial de Lourizán, en el verano de 1972. Le falta un trozo hacia los pies. Cubría una tumba delimitada o formada por sillares de pequeño tamaño hincados en tierra por su parte estrecha o base. Ningún resto. En el lado E. del exterior de la Iglesia, presa en el contrafuerte nuevo de cemento que acaba de hacerse y que está situado más cerca del altar mayor, a 0´50 mts. de profundidad, dice el párroco que quedó enterrado, paralelo a la pared de la iglesia y en dirección a la cabecera, otro sepulcro (la parte inferior) tipo baño, con inscripción, quedando esta al exterior. Hemos encontrado restos de tégulas, cerámica medieval negruzca y algún trozo de tradición castreña y galaico-romana. Muy cerca estuvieron las aras romanas de Lourizán, alguno a menos de 40 mts". (Archivo-Fichero del Museo de Pontevedra. Faro de Vigo 20-I-74). O VESTIO ALONIECO E AS ARAS DE LOURIZÁN Deo V/estio/ Aloni/eco ar/am/ p(osuit) Sev/era [D]eo/ Vesti[o/ A]loni[e]/co a/[ram p(osuit)] En Lourizán apareceron tres aras, dúas delas dedicadas ao Deus Vestio Alonieco, e outra anepígrafe. A súa datación estaría ao redor do século III d. C. (o nome de Severa que aparece na ara apunta a esta datación). As dúas con epígrafes teñen os extremos alterados por teren sido reutilizadas en muros. Ambas as dúas carecen de base, e presentan arquiños de medio punto, unha tres e outra dous, e esta última tamén presenta volutas aos lados do focus e dúas esvásticas de aspas encontradas. Segundo González Ruibal, as dúas esvásticas poñerían en relación as aras coa arte bracarense de finais da Idade do Ferro, e polo tanto, coa simboloxía indíxena. Apunta que Tranoy as considerou "elementos ctónicos e solares". Segundo as referencias: "En el lugar de la Iglesia y a ambos lados de la carretera Pontevedra-Marín se hallaron dos aras dedicadas a Vestio Alonieco, un fragmento anepígrafe y un tosco relieve representando una figura bicorne, con los brazos extendidos y las manos abiertas. Las aras con inscripción aparecieron, una en el paramento interior de la cocina de la vivienda de Avelina Varela Villanueva, otra en el alpendre de la casa de Domingo Bermúdez; en la pared de la casa de Antonio Bermúdez, el fragmento anepígrafe. El relieve en el muro de la finca de Montero Ríos". (Filgueira Valverde y Gª Alén). Así pois, a unhas ducias de metros das aras, e tamén no contorno da Igrexa parroquial de Lourizán, concretamente no muro da Granxa de Montero Ríos, atopouse un relevo en granito representando unha figura con dous cornos e cos brazos estendidos e as mans abertas, desproporcionadamente grandes. Os veciños de Lourizán chamábanlle "O Demo", ata que García Alén o rescatou do muro e o trasladou para o Museo de Pontevedra, perdéndose na parroquia a súa memoria.
Problemas
—
Observacións etnográficas
—