Topónimo

A Granxa de Montero Ríos

PONTEVEDRA LOURIZAN Lourizán
Xeometría: Polígono

Datos principais

Topónimo 1
A Granxa de Montero Ríos
Fonética 1
a ghranxa de montEro ríos
Xenérico local
granxa
Topónimo 2
O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán
Fonética 2
o sentro de invEstighasións forEstais de lourisán

Tipoloxía

Nivel A Entidades humanas
Nivel B Aldea
Nivel C Parte de aldea

Contraste documental

Comparación con fontes en eixe lingüístico e de situación.

Fonte Lingüístico De situación
Nomenclátor Non —
Cartografía municipal Non Non
Marqués da Ensenada Non —
Catastro Non Non
Protocolo notarial Non Non
Escritura privada Non Non
Parcelaria Non Non
IXN Non Non
Mapas Non Non

Mapa

Activa ou desactiva capas no control superior dereito do mapa.

Información complementaria

Outros datos

Observacións
Montero Ríos creou a súa granxa a partir da "Granxa da Serra" e da "Granxa de Blanco". A Granxa da Serra foi do Marqués de Sierra e despois dos seus descendentes. En 1791 deixa de estar vinculada ó marquesado de Sierra. En 1879 Montero Ríos compra "A Granxa da Serra". Nese momento xa sería da súa propiedade "A Granxa de Blanco", colindante coa da Serra, de mans da Marquesa de Astorga (xunto con parte da Illa de Tambo). A maiores tamén foi comprando a particulares, ata completar as 52 Has. que posúe hoxe a Granxa. En 1943 foi adquirida pola Deputación de Pontevedra ós herdeiros de Montero Ríos. Inicialmente, creouse o C.R.E.I.E.F. (Centro Regional de Enseñanzas e Investigaciones y Experiencias Forestales). Nas últimas décadas, foi cedido á Xunta de Galicia, que a xestiona, e da Administración autonómica dependen tanto o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, como a Escola de Capataces Forestais de Lourizán, ambas institucións situadas en terreos da Granxa. O xenérico "granxa" fai referencia ó conxunto dun pazo ou casa grande coas terras circundantes.
Problemas
—
Observacións etnográficas
—