Topónimo

Castro

PONTEVEDRA LOURIZAN Freixeiro, O
Xeometría: Polígono

Datos principais

Topónimo 1
Castro
Fonética 1
castro
Xenérico local
—
Topónimo 2
—
Fonética 2
—

Tipoloxía

Nivel A Accidentes terrestres
Nivel B Accidentes naturais
Nivel C Monte / Outeiro

Contraste documental

Comparación con fontes en eixe lingüístico e de situación.

Fonte Lingüístico De situación
Nomenclátor Non —
Cartografía municipal Non Non
Marqués da Ensenada Si —
Catastro Non Non
Protocolo notarial Non Non
Escritura privada Non Non
Parcelaria Non Non
IXN Non Non
Mapas Non Non

Mapa

Activa ou desactiva capas no control superior dereito do mapa.

Información complementaria

Outros datos

Observacións
Trátase dun castro da Idade do Ferro. Non está catalogado. O que si está catalogado é o "Xacemento de Castro/Carballeira de Castro" (GA36038036), de adscrición cronolóxica romana/medieval (uns sepulcros con paredes de laxes de pedra e cuberta de ladrillos). http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/castro-carballeira-do-castro/ O CASTRO DE LOURIZÁN Trátase dun castro pertencente á Cultura Galaica (que moitos autores chaman Cultura Castrexa). Neste caso trataríase dun típico castro costeiro, situado na beira do mar, e no que os seus habitantes farían unha explotación intensiva dos recursos pesqueiros e marisqueiros, sen deixar de lado a agricultura e a gandería. Coñecidos son os cuncheiros dos castros do litoral, vertedoiros onde botaban lixo de todo tipo, pero principalmente as cunchas do marisco que consumían, chegando a conformar considerables acumulacións. O castro está hoxe en día moi alterado polas construcións modernas (estradas, vivendas, naves, canteira...) pero aínda se poden distinguir a forma e estrutura características dos poboados galaicos: croa, terrazas, terrapléns. O XACEMENTO DE CASTRO/CARBALLEIRA DE CASTRO Con este nome está catalogado un xacemento de adscrición cronolóxica romano-medieval. Trátase dunha necrópole, un conxunto de sartegos: Según las referencias: "Freixeiro. Monte do Castro; En la ladera S. o SE. junto a la casa de “Tixeiras”, hacia el año 1939, al minar el monte para plantar eucaliptos en una finca propiedad de Salvador Pereira, aparecieron tumbas rectangulares de lajas de piedra, con cubierta de gruesos ladrillos, uno entregado en el Museo en 1957 por José Moreira Pumar. También fragmentos de tégulas” (Fichero Museo de Pontevedra). En época romana as necrópoles estaban situadas no exterior das cidades, pois existía a prohibición de enterrar ou incinerar no seu interior. Isto debíase a razóns sanitarias. Normalmente estaban ós lados das vías próximas ás portas das cidades. Coa oficialización do cristianismo, a partir do século III d.C., van desaparecer este tipo de necrópoles, e empezan a construírse ao redor dos lugares de culto cristián, habitualmente no interior das cidades. No ámbito rural, as necrópole estaban vinculadas ás villae, pero tamén fóra delas. Estes restos podemos interpretalos como unha necrópole do período tardorromano, máis que do medieval, posiblemente relacionado coa villa, que non se atopa moi lonxe, tendo en conta que, en época romana, as necrópoles sempre estaban separadas do asentamento, mentres que na época medieval, os enterramentos realizábanse en terra sacra, nas proximidades das igrexas. Neste momento no que o castro xa non estaba ocupado (podemos pensar ao redor do século IV d. C.), este foi o lugar elixido para enterrar os mortos. Posteriormente, a necrópole mudou ao lugar da Igrexa, ao redor do templo cristián.
Problemas
—
Observacións etnográficas
—